terça-feira, 5 de abril de 2011

Que din os rumorosos?

Seica José María Aznar ousou usar o termo “Gallego” no sentido máis pexorativo da palabra.(Se é que o ten, claro).
O popular dixo nunha entrevista que confiaba no seu compañeiro e actual secretario xeral do PP Mariano Rajoy, pero que era “gallego”, facendo alusión a antiga acepción desta palabra no diccionario, onde se definia “gallego” como parvo, bruto ou curto de entendemento ou razón.
Comeza a cheirar xa, que “xente deste tipo” continuen a usar este tipo de apelativos arcaicos co que o único que fan é ofender.
Seguramente o individuo este fixera este comentario para levar polémica e chamar un pouco a atención ,pero as galegas e os galegos non temos porque escoitar periodicamente como se insulta a nosa condición Lembremos que fai uns meses eran Rosa Diez e Arcadi España quenes usan este termo co fin de insultar.
Así que se no PP teñen discrepancias de liderado, que o solucionen "intramuros" como adoitan facer eles as cousas.
Por iso, todas e todos os que nos sentimos completamente orgullosos de ser Galegos en todas as acepcións da palabra merecemos como mínimo unha desculpa do fulano este.

Sem comentários:

Enviar um comentário