terça-feira, 21 de agosto de 2012

Nada.





Vórtice de fríos sentimentos
que se me cravan na pel
como dagas de traizón.
Ao fondo oese
aquela canción de Oasis
que xa nunca soará igual.


(Escultura do autor xaponés Motohiko Odani)

terça-feira, 13 de setembro de 2011


Enfrontarse, querer impor novas ideas e transformar o mundo é unha insensatez.
Na nova xeración, abunda esta argumentación, que, por suposto, non a inventaron, senón que a herdaron da xeración anterior, daqueles revolucionarios desencantados, dos que interpretaban que o fracaso da súa ideoloxía era producido pola propia ideoloxía e non polo aplicación defectuosa da mesma. Como non foron quen de impoñer os criterios de igualdade e xustiza que arelaban, o fracaso atribuíanllelo ás ideas mesmas e con iso eludían a responsabilidade que tiñan no malogrado proceso. Non había maneira de cambiar o mundo, o home é lobo para o home, sentenciaban, e cómpre aceptalo.
É preciso armarse, non confiar máis que na forza, coller poder, superar altruísmos insensatos. Isto, unido ao afán de consumo da sociedade, deu como resultado certa xuventude positivista, que ambiciona cartos e poder. Pensan que hai que deixarse de idealismos e de éticas de resistencia, cómpre ser posibilistas.




 

quinta-feira, 14 de julho de 2011

Finite incantatem !

Chega o fin dunha etapa, unha etapa que abarcou once anos da miña vida. Supoño que esta actualización,que  é fruto da nostalxia, ten único fin agradecerlle a Joanne Kathleen Rowling que crease ese marabilloso mundo que tanto me fixo soñar.
Aínda me lembro cando tiven por primeira vez nas miñas mans aquel libriño de pastas azuis sobre un neno mago que non sei que quería facer cunha extraña pedra. Aínda non ben  levaba vinte páxinas e xa non podía parar, xa formaba parte dese marabilloso universo.
Os anos foron pasando,e libro a libro xuntos recoremos os arredores de Hogwarts, exploramos os seus corredores, latamos as clases de Snape, botamos miles de partidos nos campos de quidditch, enfrontámonos a "el", morreamos como tolos baixo o sauce boxeador (vale, isto só nas miñas fantasias máis íntimas..), tomamos miles de cervexas de mantequilla na taberna "Las tres Escobas" (que ben o temos pasado por Hogsmeade, verdade?), o nadal  na casa dos Weasly.. e o máis importante, xuntos tamén fomos medrando.
Por iso me resulta tan difícil pensar que isto se acaba, e ter que deixar ir con el esa parte miña infancia que aínda teño moi presente.

Grazas J.K!

 Firmado: Unha nena a que lle fixeches o mellor dos regalos: ensinarlle a soñar.

quarta-feira, 11 de maio de 2011

Outro poema de amor...

El xa non sentía nada alí deitado
e ela tampouco ao velo.
Preguntouse se o amara algunha vez
mentres vía o seu sangue caer na alfombra
que ela, sempre ela, tería que limpar
cando o levasen.




quinta-feira, 21 de abril de 2011

1129


Esta absurda guerra fíxome pensar que máis absurdo aínda é deixarse vencer pola desesperación. E alí onde esteas sempre haberá un motivo tan forte como pra sermos capaces de socavar fondas ata baixo mar. Nin a rocha máis dura poderá contra forzar a nosa liberdade, ao mesmo que as ondas erosionan as penas. Coas miñas mans cavarei os camiños que me leven a ti e será o mar quen os lave para emprestárllos a outros. 
Non deixes nunca de agardar a quen te ama.



terça-feira, 5 de abril de 2011

Que din os rumorosos?

Seica José María Aznar ousou usar o termo “Gallego” no sentido máis pexorativo da palabra.(Se é que o ten, claro).
O popular dixo nunha entrevista que confiaba no seu compañeiro e actual secretario xeral do PP Mariano Rajoy, pero que era “gallego”, facendo alusión a antiga acepción desta palabra no diccionario, onde se definia “gallego” como parvo, bruto ou curto de entendemento ou razón.
Comeza a cheirar xa, que “xente deste tipo” continuen a usar este tipo de apelativos arcaicos co que o único que fan é ofender.
Seguramente o individuo este fixera este comentario para levar polémica e chamar un pouco a atención ,pero as galegas e os galegos non temos porque escoitar periodicamente como se insulta a nosa condición Lembremos que fai uns meses eran Rosa Diez e Arcadi España quenes usan este termo co fin de insultar.
Así que se no PP teñen discrepancias de liderado, que o solucionen "intramuros" como adoitan facer eles as cousas.
Por iso, todas e todos os que nos sentimos completamente orgullosos de ser Galegos en todas as acepcións da palabra merecemos como mínimo unha desculpa do fulano este.