quinta-feira, 14 de julho de 2011

Finite incantatem !

Chega o fin dunha etapa, unha etapa que abarcou once anos da miña vida. Supoño que esta actualización,que  é fruto da nostalxia, ten único fin agradecerlle a Joanne Kathleen Rowling que crease ese marabilloso mundo que tanto me fixo soñar.
Aínda me lembro cando tiven por primeira vez nas miñas mans aquel libriño de pastas azuis sobre un neno mago que non sei que quería facer cunha extraña pedra. Aínda non ben  levaba vinte páxinas e xa non podía parar, xa formaba parte dese marabilloso universo.
Os anos foron pasando,e libro a libro xuntos recoremos os arredores de Hogwarts, exploramos os seus corredores, latamos as clases de Snape, botamos miles de partidos nos campos de quidditch, enfrontámonos a "el", morreamos como tolos baixo o sauce boxeador (vale, isto só nas miñas fantasias máis íntimas..), tomamos miles de cervexas de mantequilla na taberna "Las tres Escobas" (que ben o temos pasado por Hogsmeade, verdade?), o nadal  na casa dos Weasly.. e o máis importante, xuntos tamén fomos medrando.
Por iso me resulta tan difícil pensar que isto se acaba, e ter que deixar ir con el esa parte miña infancia que aínda teño moi presente.

Grazas J.K!

 Firmado: Unha nena a que lle fixeches o mellor dos regalos: ensinarlle a soñar.